saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 18 de setembro de 2024

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 18 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 2222 (12/PNC-000286)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 2 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central en relación coa regulación do traslado dos profesionais e das profesionais da avogacía e da procuradoría  ao réxime especial de traballadores autónomos (RETA) da Seguridade Social

BOPG n.º 20f2, do 02.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a aprobación dentro do actual período de sesións de normativa que contemple:

 

-O dereito de opción das mutualistas, activas, pasivas ou actualmente integradas no RETA, da avogacía e da procuradoría para que as súas achegas ás mutualidades profesionais, realizadas como alternativas ao sistema público, e a totalidade dos seus dereitos económicos nestas entidades, podan ser transferidas á Seguridade Social. Computándose, para o eventual recoñecemento de prestacións do sistema público, a totalidade das cantidades que deben ser obxecto de transferencia a este, e considerándose como períodos cotizados os períodos de alta efectiva nas mutualidades, como sistema alternativo ao público.

 

-A reforma do tratamento fiscal das cotizacións realizadas ás mutualidades profesionais, como alternativos ao sistema público, evitando a equiparación cun plan de pensións complementario.

 

-A mellora das condicións da xubilación parcial dos profesionais da avogacía e procuradoría."

 

 

 

 

 

- 8888 (12/PNC-000902)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prieto Perille, Pablo Javier e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación coa modificación da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, co fin de recoller entre as exencións do imposto as axudas que coa mesma finalidade sexan outorgadas polas administracións autonómicas

BOPG n.º 68, do 21.08.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, = en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que modifique a letra m) do artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de no Residentes e sobre o Patrimonio, ao fin de recoller entre as exencións do imposto as axudas que, coa mesma finalidade, sexan outorgadas polas Administracións autonómicas."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina