A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 18 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 10303 (12/PNC-000970)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 13 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que se incorpore ao Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e de consolidar a actividade deste ente
BOPG n.º 78f1, do 06.09.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que se incorpore ao Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, co obxectivo de consolidar a súa actividade no plano institucional e económico."