A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 24 de setembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de setembro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Elección de candidato para a cobertura dunha vacante do Consello Consultivo de Galicia (doc. núm. 8133, 12/CCGD-000001) |
Punto 2. | Debate do ditame e das propostas de resolución, aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia, contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2022 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2021) (doc. núm. 56574, 11/ICON-000015). |
Publicación do Ditame e propostas de resolución aprobadas, BOPG n.º 85, do 17.09.2024
| |
Punto 3. | Texto lexislativo
|
3.1 | Debate de totalidade do Proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia (doc. núm. 6646, 12/PL-000002) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024 |
Punto 4. Comparecencia
4.1 9950 (12/CPP-000017)
Do conselleiro do Mar, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024
Punto 5. |
Moción |
5.1 | 11146 (12/MOC-000020) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre os modelos de financiamento da construción das grandes infraestruturas públicas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 9483, publicada no BOPG núm. 73, do 29 de agosto de 2024, e debatida n sesión plenaria do 10 de setembro de 2024.) | |
Punto 6. | Proposicións non de lei |
6.1 | 767 (12/PNP-000066) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Davila, María Cristina e Carreira Pazos, Iria | |
Sobre as accións que deben desenvolver respectivamente as consellerías con competencias en educación e en sanidade relativas á situación da atención á diversidade | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 | |
6.2 | 3402 (12/PNP-000378) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e 2 máis | |
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para avanzar na mellora da transparencia en relación coa contratación menor | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
6.3 | 6108 (12/PNP-000643) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que elabore un estudo dos custos que suporía o rescate e a gratuidade da autoestrada AP-9 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024 | |
6.4 | 9285 (12/PNP-000795) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia | |
Sobre as actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo no que concirne ao incremento de prazas de persoal docente en educación primaria e secundaria logo da previsible eliminación da taxa de reposición | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024 | |
6.5 | 10670 (12/PNP-000876) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén e 24 máis | |
Sobre as actuacións que debe poñer en marcha a Xunta de Galicia co fin de promover políticas para xerar un maior valor engadido no sector lácteo galego e afrontar as consecuencias que sofre pola actual crise de prezos | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 81f1, do 11.09.2024 | |
6.6 | 10753 (12/PNP-000886) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 14 máis | |
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central referidas ás medidas que afectan a Sogama adoptadas tras a aprobación da Lei de residuos e solos contaminados para unha economía circular | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 81f1, do 11.09.2024 | |
Punto 7. | Interpelacións |
7.1 | 1377 (12/INT-000068) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis | |
Sobre o balance das políticas de normalización lingüística | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
7.2 | 2985 (12/INT-000201) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e 3 máis | |
Sobre o modelo e as contías do financiamento local executado pola Xunta de Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f1, do 08.05.2024 | |
7.3 | 5103 (12/INT-000306) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e Insua Lema, Óscar | |
Sobre as novidades na política da Xunta de Galicia respecto dos residuos municipais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024 | |
7.4 | 5504 (12/INT-000329) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos | |
Sobre a orientación da actual política da Xunta de Galicia en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024 | |
7.5 | 10609 (12/INT-000467) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis | |
Sobre as análises do impacto que podería supor o proxecto de Altri no territorio no que se pretende implantar | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 82, do 12.09.2024 | |
Punto 8. | Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia |
8.1 | 11329 (12/POPX-000015) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a situación actual da xestión económica respecto do financiamento e da xestión dos fondos públicos en Galicia | |
8.2 | 11330 (12/POPX-000016) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre as propostas que prevé defender o Goberno galego para reclamar un financiamento xusto para Galicia | |
Punto 9. | Preguntas ao Goberno |
9.1 | 7388 (12/POP-000980) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos | |
Sobre a planificación da estratexia fronte á aparición de especies invasoras que afectan ao litoral galego | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 61, do 06.08.2024 | |
9.2 | 7417 (12/POP-000995) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre as xestións previstas pola Xunta de Galicia co fin de acadar o traspaso dos medios materiais e persoais para asumir a xestión completa do litoral galego | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024
| |
9.3 | 9948 (12/POP-001566) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez López, José Daniel e Fernández Davila, María Cristina | |
Sobre a suficiencia da dotación de profesorado do CPIP Cabo da Area, de Laxe, para garantir a atención ao alumnado con necesidades especiais | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024
| |
9.4 | 10200 (12/POP-001631) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e Fernández Davila, María Cristina | |
Sobre as previsións do Goberno galego no que atinxe á mellora da calidade educativa dos centros de ensino do concello de Rianxo | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 82, do 12.09.2024
| |
9.5 | 11306 (12/PUP-000043) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma | |
Sobre o prazo en que o Goberno galego pensa abrir os cinco centros de crise 24 horas prometidos hai máis dun ano
| |
9.6 | 9978 (12/POP-001571) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Méndez López, Lara e Iglesias Rey, Patricia | |
Sobre o eventual incremento do orzamento da convocatoria de axudas coñecidas como "Bono Remuda" para o fomento da remuda xeracional no pequeno comercio | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 77, do 05.09.2024
| |
9.7 | 11191 (12/PUP-000040) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis | |
Sobre os compromisos do Goberno central en relación cos descontos nas tarifas das autoestradas estatais en Galicia
| |
9.8 | 9058 (12/POP-001480) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis | |
Sobre o balance do plan desenvolvido pola Xunta de Galicia para a cobertura especial levada a cabo na atención sanitaria durante o verán | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024 | |
9.9 | 11326 (12/PUP-000044) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana | |
Sobre as medidas que está a pór en marcha o Goberno galego ante a situación das frotas do cerco e de artes menores derivada da falta de cota de sardiña | |
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente