Santiago, 17 de setembro de 2024.- Á proposta da Presidencia do Parlamento de Galicia, e trala reunión da Mesa e da Xunta de Portavoces, acordouse dedicar a Sala de Prensa da Cámara galega ao escritor e xornalista ourensán Manuel Curros Enríquez, que se suma así ás que nomean destacadas personalidades como Otero Pedrayo, Castelao, Pardo Bazán ou Concepción Arenal, entre outras.
A súa traxectoria como xornalista e cronista parlamentario amparan a decisión de incorporalo á lista de galegas destacados que nomean as distintas salas de traballo do Parlamento.
Manuel Curros Enríquez está considerado unha das voces fundamentais do Rexurdimento. Xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal conforman un grupo imprescindible para entender a recuperación da lingua e literatura galegas.