Ditame emitido pola Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, en relación cos informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2022 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2021) e propostas de resolución aprobadas
A Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas, na súa sesión do día 13 de setembro de 2024, á vista do informe elaborado pola Ponencia relativo aos informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria anual de actividades do Consello de Contas de 2022 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia 2021), aprobou o ditame e as propostas de resolución seguintes:
DITAME
Apróbase a Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2021 (Proposta de Ditame do G. P. Popular de Galicia)
PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN DA COMISIÓN
Proposta de resolución número 1 do G. P. Popular de Galicia
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar dando cumprimento efectivo ás recomendacións realizadas polo Consello de Contas de Galicia nos seus informes de fiscalización.
Proposta de resolución número 2 do G. P. Popular de Galicia
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a avanzar cara á efectiva rendición telemática da Conta Xeral da Comunidade Autónoma e á súa presentación telemática ante o Consello de Contas, o Parlamento de Galicia e o Tribunal de Contas.
Proposta de resolución número 16 do G. P. dos Socialistas de Galicia
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a integrar a todos os efectos as fundacións de investigación con conexións aos centros sanitarios públicos no sector público autonómico, sometendo, polo tanto, as súas contas á rendición do Consello de Contas de Galicia.
Proposta de resolución número 29 do G. P. dos Socialistas de Galicia, transaccionada
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar colaborando coa Fegamp e no seo da Comisión Técnica de Delimitación Competencial co fin de precisar as competencias impropias que están sendo desenvolvidas por ambas as administracións territoriais, así como o custo delas.
Procedementos relativos a outras institucións e órganos
Consello de Contas: Programa Anual de Traballo
Aprobación das recomendacións pola Comisión
- 63790 (11/CPAT-000003)
Consello de Contas de Galicia
Plan anual de traballo do Consello de Contas de Galicia para o ano 2024
BOPG nº 623, do 12.01.2024
Recomendación núm.1
O Parlamento de Galicia recomenda ao Consello de Contas realizar unha auditoría operativa dos concellos galegos que non cumpriron a súa obriga de renderen as súas contas segundo o previsto no artigo 223 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL)
Recomendación núm. 2
O Parlamento de Galicia propón ao Consello de Contas realizar una fiscalización da Federación Galega de Kickboxing, onde se comprobe, desde o ano 2020, o sometemento da súa actividade económica, financeira e contable ao ordenamento xurídico e ao principio de racionalidade e aos criterios de eficiencia e economía.
Procedementos de control económico e orzamentario
Consello de Contas. Informes
Aprobación do ditame e das propostas de resolución pola Comisión
- 56574 (11/ICON-000015)
Consello de Contas de Galicia
Informes de fiscalización do sector público de Galicia
BOPG nº 542, do 10.08.2023