saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 4 de setembro

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 4 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 1880 (12/PNC-000229)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Queixas Zas, Mercedes e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co obxecto de ampliar e mellorar as instalacións do CEIP Vales Villamarín, de Betanzos

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta a completar a reforma pendente nun dos bloques do CEIP Vales Villamarín de Betanzos, así como ampliar e mellorar as instalacións do comedor do centro para garantir a calidade educativa en condicións de equidade para a totalidade do alumnado.

Asemade, insta a Xunta a dotar no presente curso escolar o CEIP Vales Villamarín do profesorado especialista de Pedagoxía Terapéutica e Atención e Linguaxe para poder atender o reforzo do crecente alumnado con NEAE."

 

- 4220 (12/PNC-000518)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que incremente a dotación de recursos humanos e materiais para lle dar eficacia á tramitación das solicitudes de homologación, declaración de equivalencia ou validación de títulos universitarios estranxeiros

BOPG n.º 31f2, do 29.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar que Goberno de España que incremente a dotación de recursos humanos e materiais necesarios para dar resposta eficaz á tramitación das solicitudes de homologación, de declaración de equivalencia ou de validación de títulos universitarios estranxeiros que están pendentes de resolución presentados tanto ao amparo do vixente Real Decreto 889/2022 como ao do xa derrogado Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina