A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 10 de setembro de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de setembro de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Ditame da Comisión do Estatuto dos Deputados, do 10 de xullo de 2024, sobre as declaracións de actividades das deputadas e deputados da XII Lexislatura (BOPG nº 57, do 31.07.2024)
Punto 2. Solicitude de creación dunha Comisión de investigación, proposta polos vinte e cinco deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre determinados procedementos de contratación levados a cabo pola Xunta de Galicia (doc. núm. 10269, 12/SCI-000003)
Punto 3. Comparecencia
3.1 9954 (12/CPP-000021)
Do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por petición propia, para informar sobre as políticas educativas no marco do inicio do curso 2024-2025
Punto 4. Mocións
4.1 6924 (12/MOC-000017)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo
Sobre a importancia dos servizos públicos de transporte na estruturación do territorio e no aspecto social e ecolóxico (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5375, publicada no BOPG núm. 37f2, do 12 de xuño de 2024, e debatida na sesión plenaria do 9 de xullo de 2024.)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024
4.2 7015 (12/MOC-000018)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre o impacto dos cambios que van aparecendo no actual modelo turístico (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 3532, publicada no BOPG núm. 24f1, do 15 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 9 de xullo de 2024)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024
4.3 7022 (12/MOC-000019)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto
Sobre o modelo de apoio aos gastos escolares nas etapas obrigatorias do ensino (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 1439, publicada no BOPG núm. 12f1, do 17 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 9 de xullo de 2024)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 52, do 23.07.2024
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 1619 (12/PNP-000180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central relacionadas coas condicións en que están os servizos ferroviarios en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
5.2 2395 (12/PNP-000280)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Suárez Fernández, Iago e Fernández Fernández, Secundino
Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe impulsar ante os principais problemas actuais da viticultura na Ribeira Sacra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024
5.3 8451 (12/PNP-000752)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que retire o Anteproxecto de lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 68, do 21.08.2024
5.4 8718 (12/PNP-000773)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez López, Lara e Iglesias Rey, Patricia
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego respecto da elaboración dun plan turístico integral que englobe o desfrute dos visitantes coa convivencia dos residentes e os obxectivos económicos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 68, do 21.08.2024
5.5 8782 (12/PNP-000775)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Espinosa Mangana, María Elena e Longueira Castro, Silvia
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que cumpra cos obxectivos marcados no Programa funcional do novo hospital de Vigo en canto á súa actividade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 68, do 21.08.2024
5.6 9776 (12/PNP-000814)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 7 máis
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para a adopción dunha postura respecto da situación política de Venezuela e a proposta de resolución que se presenta co obxecto de manifestar a adhesión ás iniciativas de protesta pacífica contra o goberno de Nicolás Maduro
Punto 6. Interpelacións
6.1 5103 (12/INT-000306)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e Insua Lema, Óscar
Sobre as novidades na política da Xunta de Galicia respecto dos residuos municipais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024
6.2 5504 (12/INT-000329)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos
Sobre a orientación da actual política da Xunta de Galicia en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024
6.3 9483 (12/INT-000436)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 4 máis
Sobre os modelos de financiamento da construción das grandes infraestruturas públicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
7.1 10300 (12/POPX-000013)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre o criterio do Goberno galego respecto dos efectos políticos que eventualmente debería producir o sobrecusto xerado na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro
7.2 10302 (12/POPX-000014)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as prioridades do Goberno galego ante os grandes retos que ten Galicia
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 8044 (12/POP-001154)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Taibo Corsanego, Iria e 2 máis
Sobre a redución de frecuencias realizada en determinadas liñas de transporte público metropolitano da área da Coruña, nomeadamente as que transcorren entre os concellos de Oleiros e de Sada
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f1, do 22.08.2024
8.2 8422 (12/POP-001397)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia da nova convocatoria de axudas para a contratación de socorristas este verán
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 69f3, do 22.08.2024
8.3 9206 (12/POP-001489)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis
Sobre o nivel de cumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
8.4 10290 (12/PUP-000037)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma
Sobre a actitude do Goberno galego ante a crise humanitaria que se está a producir pola chegada de inmigrantes a España
8.5 10287 (12/PUP-000036)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Golpe Acuña, José Manuel
Sobre a reconsideración por parte do Goberno galego da anulación do complemento autonómico do bono social térmico
8.6 9260 (12/POP-001498)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia canto a unha mellora da cobertura de persoal médico nos centros de saúde de Cerdedo-Cotobade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
8.7 9940 (12/POP-001562)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre as medidas que pensa desenvolver o Goberno galego na loita contra a sinistralidade laboral
8.8 7738 (12/POP-001046)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grueira Fernández, Nicole e 8 máis
Sobre o balance da última convocatoria das axudas da Xunta de Galicia para a mellora de explotacións agrarias e a incorporación da mocidade e persoas de entre 41 e 55 anos á actividade agrogandeira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 59, do 02.08.2024
8.9 9291 (12/POP-001505)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández González, Ariadna e 4 máis
Sobre o criterio da Xunta de Galicia ante a posibilidade de subvencionar a vacinación voluntaria contra a enfermidade hemorráxica epizoótica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 29.08.2024
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente