A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 11 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
- 5981 (12/PNC-000721)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 9 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co fin de que vele polo estrito cumprimento da normativa aplicable no proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e de biometanización prevista en Coeses, no concello de Lugo
BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 12 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia
1º.- Velar polo estrito cumprimento da normativa de aplicación no proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización que prevé emprazarse na parroquia de Coeses (Lugo) prestando especial atención as garantías de carácter medioambiental.
2º.- Dirixirse ao resto das administracións implicadas para que adopten este mesmo rigor e transparencia na tramitación deste expediente e estuden as alegacións presentadas e, conforme á lei, sexan atendidas e tidas en conta".
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 5332 (12/PNC-000642)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Taibo Corsanego, Iria e 2 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que encargue neste ano 2024 a redacción do proxecto de remodelación da estrada OU-533, entre A Gudiña e A Rúa, e de que inicie o proceso de contratación das obras
BOPG n.º 37f1, do 12.06.2024
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a iniciar o proceso de contratación das obras na maior brevidade posible e se inclúa unha partida orzamentaria específica nos orzmentos do 2025 para executar as obras no tramo Viana-A Gudiña".