5.2 5175(12/PNP-000539) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 14 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que achegue o investimento solicitado para o Proxecto Nós no marco do PERTE Nova economía da lingua
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, 34f1, 05.06.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que vaia completando a súa parte na dotación co fin de achegar a totalidade dos 15 millóns de euros solicitados por Galicia no marco do PERTE Nova Economía da Lingua".
5.6 6099(12/PNP-000641) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que impulse a realización das infraestruturas viarias xa comprometidas en Galicia
Publicación da iniciativa, 43f1, 26.06.2024
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a demandar do Goberno de España un compromiso real e efectivo para a realización de infraestructuras vitais para a nosa comunidade ante o que é unha falta de avances das infraestruturas viarias comprometidas polo Estado en Galicia e un agravio comparativo respecto a outras comunidades".