saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª. Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 4 de xullo de 2024

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na reunión do 4 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de natureza normativa

Proxecto de lei

 

Designación da Ponencia

 

- 4254 (12/PL-000001)

Presidencia da Xunta de Galicia

Proxecto de lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia

BOPG n.º 27, do 21.05.2024

 

G.P. Popular de Galicia:

José Alberto Pazos Couñago (titular)

Rubén Lorenzo Gómez (suplente)

 

G.P. do Bloque Nacionalista Galego

Xosé Manuel Golpe Acuña (titular)

Noa Presas Bergantiños (suplente)

 

G.P. dos Socialistas de Galicia

Patricia Iglesias Rey (titular)

Paloma Castro Rey (suplente)

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 5130 (12/PNC-000622)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que se incorpore ao consello de administración de Navantia e de que leve a cabo determinadas actuacións referidas á adxudicación da carga de traballo, ás infraestruturas e á política de compras e subcontratacións

BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024

 

Sométese a votación separada por puntos:

 

Punto 3: resulta rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións

 

Puntos 1, 2, 4, 5 e 6: resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galiza insta a Xunta a demandar do goberno estado:

 

1. A entrada no Consello de administración de Navantia

 

2. A adxudicación ao Centro Navantia ría de Ferrol das construcións militares de mediano e gran porte, como viña sendo norma históricamente

 

4. A introdución de Navantia ría de Ferrol nos segmentos con maior carga tecnolóxica das actividades relacionadas coas enerxías renovábeis e a descarbonización da mobilidade marítima

 

5. A dotación de novas infraestruturas, como un dique para nova construción e outro para reparacións de maiores dimensións que actual dique 3, así como mellorar e aumentar a capacidade dos sistemas de elevación de cargas

 

6. A descentralización da política de compras e subcontratación favorecendo ao tecido empresarial do territorio de referencia para Navantia ría de Ferrol."

 

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 3161 (12/PNC-000397)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

González Iglesias, Carmela e Ruanova Vilas-Boas, Brais

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego para que inclúa no programa do Bono Activa Comercio os negocios de comercio ambulante definidos no grupo 663 do imposto sobre actividades económicas (IAE)

BOPG n.º 24f2, do 15.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, dentro das novas medidas que se implementen no marco do novo Plan Estratéxico do sector se inclúa ao comercio ambulante integrado no grupo 663 do IAE, correspondente ao comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente (ambulancia, feiras e mercados ocasionais ou periódicos) no Bono Activa Comercio."

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina