saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 3 de xullo de 2024

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 3 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 5848 (12/PNC-000703)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Suárez Fernández, Iago e Insua Lema, Óscar

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de construír un novo campo de fútbol no concello de Chantada

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Concello de Chantada para:

1º.- Redactar unha memoria valorativa e xustificativa da necesidade de dispoñer dun novo campo de fútbol no municipio.

2º.- Realizar un estudio para elixir o lugar idóneo para a construcción desta infraestrutura deportiva.

3º.- En caso de que se acredite a necesidade e se dispoña do terreo axeitado, buscar un acordo con outras administracións que permita cofinanciar a partes iguais a execución das obras entre a Xunta de Galicia, a Deputación provincial e o propio Concello."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 5915 (12/PNC-000712)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 7 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que actualice o Plan especial de protección civil fronte ao risco sísmico en Galicia (Sismigal)

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a actualizar o Plan especial de Protección Civil fronte a riscos sísmicos na Comunidade Autónoma de Galicia (SISMIGAL)."

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina