saltar ao contido

Convocatoria da Sesión Plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 9 de xullo de 2024

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 9 de xullo de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de xullo de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Elección dun membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (doc. núm. 2283, 12/PVCS-000001)
  
Punto 2.Solicitude de creación dunha comisión de investigación, proposta polos vinte e cinco deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, sobre a ampliación da concesión da AP-9 por 25 anos, aprobada polo Goberno central no ano 2000, sobre a posterior privatización da autoestrada en 2003 e, en xeral, sobre as decisións do goberno central que beneficiaron os intereses da concesionaria e resultaron perxudiciais para Galicia e para as persoas usuarias da infraestrutura (doc. núm. 6224, 12/SCI-000002)
  
Punto 3.Comparecencias
  
3.11853 (12/CPP-000003)
 Do conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
  
3.26396 (12/CPP-000014)
 Do conselleiro de Facenda e Administración Pública, por petición propia, para informar sobre liñas Estratéxicas da Consellería de Facenda e Administración Pública para esta lexislatura
  
Punto 4.Mocións
  
4.16425 (12/MOC-000014)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ruanova Vilas-Boas, Brais
 Sobre as políticas de apoio aos sectores industriais galegos inmersos nos grandes procesos de cambio de paradigma enerxético ou tecnolóxico (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 5426, publicada no BOPG n.º 37 f2, do 12 de xuño de 2024, e debatida en sesión plenaria o 25 de xuño de 2024.)
  
4.26426 (12/MOC-000015)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre o recoñecemento da diversidade e a política contra a discriminación nas aulas por razón de orientación sexual (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 3863, publicada no BOPG n.º 28f1, do 22 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do día 25 de xuño de 2024)
  
4.36436 (12/MOC-000016)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 López Font, Carlos
 Sobre o desenvolvemento do transporte público de competencia do Goberno galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 2138, publicada no BOPG n.º 20f1, do 2 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do día 25 de xuño de 2024.)
  
Punto 5.Proposicións non de lei
  
5.11710 (12/PNP-000191)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna
 Sobre determinadas medidas que a Xunta de Galicia debe adoptar en relación co Servizo de Axuda no Fogar (SAF)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 16f1, do 24.04.2024
  
5.25175 (12/PNP-000539)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pomar Tojo, Carmen María e 14 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co obxecto de que achegue o investimento solicitado para o Proxecto Nós no marco do PERTE Nova economía da lingua
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024
  
5.35491 (12/PNP-000575)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Vidal Lamas, Sonia e 4 máis
 Sobre as accións que o Goberno galego debe pór en marcha co obxectivo de mellorar as condicións actuais do sector lácteo galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024
  
5.45506 (12/PNP-000576)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos
 Sobre as medidas que o Goberno galego debe aplicar en relación coa política que se vén desenvolvendo en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 40f1, do 19.06.2024
  
5.55938 (12/PNP-000621)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
 Sobre as accións que debe pór en marcha a Xunta de Galicia co obxecto de axilizar o sistema de valoración da dependencia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024
  
5.66099 (12/PNP-000641)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
 Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que impulse a realización das infraestruturas viarias xa comprometidas en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024
  
Punto 6.Interpelacións
  
6.11439 (12/INT-000072)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia
 Sobre o modelo de apoio aos gastos escolares nas etapas obrigatorias do ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024
  
6.23532 (12/INT-000239)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e Pérez López, José Daniel
 Sobre o impacto dos cambios que van aparecendo no actual modelo turístico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024
  
6.35375 (12/INT-000321)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a importancia dos servizos públicos de transporte na estruturación do territorio e no aspecto social e ecolóxico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 37f2, do 12.06.2024
  
Punto 7.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
7.16525 (12/POPX-000011)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gómez Besteiro, José Ramón
 Sobre a política que prevé levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos concellos galegos e coas súas competencias
  
7.26526 (12/POPX-000012)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as medidas que prevé adoptar o Goberno galego para garantir o acceso á vivenda
  
Punto 8.Preguntas ao Goberno
  
8.14745 (12/POP-000637)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e Presas Bergantiños, Noa Olalla
 Sobre o papel que está tendo a Xunta de Galicia no conflito das profesionais e dos profesionais da avogacía e procuradoría adscritos á quenda de oficio en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 31f3, do 29.05.2024
  
8.25926 (12/POP-000790)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Ferro Iglesias, José Luis e 8 máis
 Sobre o balance do programa Ebici, orientado ao fomento da bicicleta eléctrica e a unha mobilidade sustentable
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f3, do 26.06.2024

 

8.36520 (12/PUP-000032)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Iglesias Rey, Patricia
 

Sobre os recursos que a Xunta de Galicia destina aos concellos galegos para a prestación dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento en espazos e instalacións acuáticas

 

8.46524 (12/PUP-000035)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Trenor López, Gonzalo e 8 máis
 

Sobre os resultados da xuntanza do pasado día 27 de xuño entre a Xunta de Galicia e o Goberno central para abordar temas relativos ás infraestruturas e ao transporte ferroviario

 

8.55977 (12/POP-000802)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Comesaña, Julio e 9 máis
 Sobre a situación actual en España das probas da avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f3, do 26.06.2024
  
8.66046 (12/POP-000812)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, Carmela e 3 máis
 Sobre o estado en que se atopan algúns espazos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43f3, do 26.06.2024
  
8.76522 (12/PUP-000034)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre a postura da Xunta de Galicia ante o desenvolvemento da explotación mineira situada en Touro e O Pino
  
8.82904 (12/POP-000431)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a situación da asistencia pediátrica no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f2, do 08.05.2024

 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina