saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 2 de xullo de 2024

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 2 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación con modificacións

 

- 1096 (12/PNC-000108)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos

Sobre as accións que debe impulsar a Xunta de Galicia co fin de afrontar a actual perda de produción marisqueira na ría de Arousa

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación  separada por puntos:

 

Puntos 1 e 2: resultan aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes

Punto 3: resulta rexeitado por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións:

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Realizar un estudo en profundidade sobre as causas da perda de produción marisqueira da ría de Arousa, que inclúa unha valoración de propostas e medidas a tomar que puideran contribuír a mellorar a situación.

 

2. A partir da análise referida no punto anterior, elaborar un plan de recuperación da produción marisqueira da ría de Arousa baseada nas medidas que sexan propostas."

 

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 4762 (12/PNC-000578)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez López, José Daniel e Pérez Fernández, Rosana

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que execute un plan de rexeneración

na praia de Laxe para lle devolver o seu perfil orixinario

BOPG n.º 31f2, do 29.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse na prazo máximo de catro meses á Administración do Estado e ao Concello de Laxe, para coordinarse entre as tres administracións na procura dunha solución técnica ao problema da acumulación de area na parte occidental da praia de Laxe."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 422 (12/PNC-000007)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central para que defenda ante a Comisión Europea o desenvolvemento dunha normativa de protección dos cetáceos compatible coa práctica pesqueira

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea a posta en marcha dunha normativa de protección dos cetáceos que sexa compatible coa práctica pesqueira, equilibrando riscos e afectacións e integrando aquelas medidas de disuasión de interacción que eviten a paralización da frota pesqueira."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina