A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 467 (12/PNC-000020)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central co fin de que modifique o Real decreto 637/2021, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, no que concirne ás explotacións de autoconsumo
BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a que modifique o Real Decreto 637/2021, de 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, para suprimir a obrigatoriedade de rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo, agás decisión da autoridade competente naquelas explotacións en función do risco sanitario ou criterios de ordenación sectorial da Comunidade Autónoma.".