saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18 de xuño de 2024

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 3619 (12/PNC-000457)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Alfonzo, Ramón Tomás e 2 máis

Sobre determinadas medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia dirixidas a recuperar os recursos marisqueiros e pesqueiros da ría de Cedeira

BOPG n.º 24f2, do 15.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:

 

1. Augas de Galicia en colaboración cos concellos rebeireños identifiquen e eliminen os vertidos que provocan os elevados niveis bactereolóxicos.

2. Restaurar os bancos marisqueiros da praia da Madalena, da praia de Vilarrube e da ensenada de Pantín".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 551 (12/PNC-000036)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central co fin de que desenvolva un diálogo coas comunidades autónomas marítimas e co sector pesqueiro para valorar a procedencia da inclusión de determinadas especies no Convenio sobre o comercio de especies de fauna e flora silvestres

BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que desenvolva un contacto efectivo e permanente co sector pesqueiro e coas comunidades autónomas marítimas con intereses neste ámbito, a fin de definir unha coordinación plena que permita completar as afectacións sociais e económicas daquelas medidas ambientais que, procedentes do marco europeo e internacional, incidan na pesca, tales como a inclusión da tintorera e do marraxo dientuso no anexo II do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Silvestres (CITES)".​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina