A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 63916, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 29 de xaneiro de 2024, ás 11:00 horas, coa seguinte orde do día:
Punto único. Solicitude de convocatoria urxente da Deputación Permanente
- Escrito de 6 deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, pertencentes á Deputación Permanente, polo que solicitan a convocatoria urxente da Deputación Permanente (doc. núm. 63916; 11/SCDP-000013).
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024