saltar ao contido

Santalices recorda ao profesor Sánchez Salorio como un home do Renacemento que compatibilizada o perfil científico co cultivo das humanidades

 

  • O presidente do Parlamento participou esta tarde, na Casa de Galicia en Madrid, nunha homenaxe de ASOMEGA ao profesor Sánchez Salorio

 

Santiago, 18 de xaneiro de 2014.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde, na Casa de Galicia en Madrid, nunha homenaxe da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA), ao profesor Manuel Sánchez Salorio (1930-2023), catedrático de Oftalmoloxía da USC de prestixio internacional.

 

Do profesor Sánchez Salorio -de quen foi alumno na Facultade de Medicina de Santiago-, Santalices recordou a súa capacidade didáctica, os seus coñecementos científicos “sempre á vangarda na súa especialidade" e a súa concepción da medicina clínica como un conxunto no que a enfermidade, o enfermo e as súas circunstancias persoais “forman un todo que debe ser analizado no seu conxunto".

 

Para o presidente do Parlamento, o Dr. Sánchez Salorio foi un médico humanista que reunía as condicións propias dos homes do Renacemento, “porque sempre compatibilizou o seu perfil científico co cultivo das humanidades".

 

Malia o seu falecemento en marzo de 2023, “permanece entre nós o froito do seu maxisterio, que cada día cobra novo impulso a través da docencia, a asistencia clínica e a investigación que desenvolven os seus discípulos e, xa nos nosos días, os discípulos dos seus discípulos", concluíu Santalices Vieira.

 

Saúdos, Gabinete e Comunicación.​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina