A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 63855, e logo do acordo da Deputación Permanente do 11 de xaneiro, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 12 de xaneiro de 2024, ás 12:15 horas, coa seguinte orde do día:
Punto único: | Comparecencia |
1.1 | 63853 (11/CPP-000153) |
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias | |
Da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar sobre a situación do litoral galego tras a perda da carga do mercante Toconao fronte á costa portuguesa |
O que se publica para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente