saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 22 de decembro de 2023

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 22 de decembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 62454 (11/PNC-005256)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis

Sobre as demandas que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España relativas ao impulso da industria do aluminio

BOPG n.º 604, do 29.11.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse o goberno de España para que adopte as seguintes medidas:

 

1º.- Impulsar unha Estratexia Nacional de Industria Sostible para visibilizar a contribución da industria do aluminio á economía española, recoñecendo a industria galega como un polo de desenvolvemento, innovación e atracción de investimentos.

 

2º.-Implementar un marco de financiamento que reforce a competitividade das empresas españolas do sector do alumnio no mercado común europeo e no contexto internacional.

 

3º.- Promocional a utilización de aluminio reciclado e materiais similiares como elementos fundamentais para a transición cara a unha economía circular en futuras modificacións do Código Técnico de Edificación.

 

4º.- Promover accións de concienciación ante a cidadanía, a través das entidades asociativas do sector da arquitectura, para concienciar sobre a importancia de incorporar o aluminio como panca de impulso da economía circular na edificación.".

 

 

- 63111 (11/PNC-005336)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Sanromán, María Leticia e 4 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego de accións dirixidas a apoiar o mantemento da actividade e do emprego no grupo empresarial Fandicosta, con centros de traballo en Vigo, Moaña e Vilagarcía

BOPG n.º 612, do 14.12.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implicarse a través das accións posibles dentro do seu marco competencial para apoiar o mantemento da actividade e do emprego en Fandicosta, colaborando na solución da problemática existente que xera incerteza entre traballadores e traballadoras."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina