saltar ao contido

O presidente do Parlamento de Galicia exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación

Santiago, 16 de decembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda da Translación do Apóstolo Santiago, instaurada en 1646, durante o reinado de Felipe IV, e que se celebra o 30 de decembro de cada ano.

 

O xefe da Casa de S.M. o Rei, Jaime Alfonsín, comunicoulle ao presidente do Parlamento a designación efectuada por Felipe VI. A cerimonia celebrarase o vindeiro 30 de decembro na Catedral de Santiago de Compostela

 

Santalices Vieira exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago (a que se celebra cada 25 de xullo) nos anos 2016 e 2018, ao tempo que presentou a Ofrenda da Translación de 2017, 2018 e 2019.

 

O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu ao Rei esta designación, “unha honra para a Cámara lexislativa e un privilexio para calquera que, coma min, comparte espírito xacobeo, afección pola historia e aprecio polas tradicións propias de Galicia".

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina