saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 14 de decembro de 2023

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 14 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 62189 (11/PNC-005226)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Vidal, Ana Belén e 6 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que garanta a cobertura das vacantes de funcionarios con habilitación de carácter nacional e incremente a oferta de prazas desta categoría dentro do corpo da Administración local

BOPG n.º 599, do 22.11.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para levar a cabo as actuacións necesarias para garantir a cobertura de todas as prazas vacantes de funcionarios de habilitación nacional, incrementando nas Ofertas de Emprego Público o número de prazas de cobertura obrigatoria polo persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional".​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina