A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 19 de decembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único. Textos Lexislativos
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (doc. núm. 61392, 11/PL-000027)
1.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 61393, 11/PL-000028)
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023
A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 19 de decembro de 2023, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Textos Lexislativos |
1.1 | Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, sobre o Proxecto de lei de calidade alimentaria de Galicia (doc. núm. 59988, 11/PL-000025) |
1.2 | Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) á Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 54794, 11/PPLC-000009) |
1.3 | Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei de eleccións ao Parlamento de Galicia (doc. núm. 54606, 11/PPL-000018) |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023 | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 63070 (11/MOC-000187) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla | |
Sobre a política do Goberno galego en materia de I+D+i (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 56484, publicada no BOPG 539, do 7 de agosto de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de decembro de 2023) | |
2.2 | 63113 (11/MOC-000188) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Lago, Noelia | |
Sobre a situación laboral e económica da mocidade en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 61714, publicada no BOPG 591, do 8 de novembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de decembro de 2023.) | |
| |
2.3 | 63175 (11/MOC-000189) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Rodríguez, Patricia | |
Sobre a eficiencia da colaboración público-privada na execución e explotación de infraestruturas (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 62064, publicada no BOPG 595, do 15 de novembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de decembro de 2023.) | |
2.4 | 63177 (11/MOC-000190) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Gómez, Alexandra | |
Sobre a declaración, no que atinxe ao mercado da vivenda, das áreas de mercado tensionado (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 53269, publicada no BOPG 492, do 10 de maio de 2023, e debatida na sesión plenaria do 4 de decembro de 2023.) | |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 61653 (11/PNP-004989) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina | |
Sobre a demanda á Xunta de Galicia dun cambio no método de cómputo dos tempos de espera existentes para acceder a probas, consultas ou intervencións no Sistema público de saúde | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023 | |
3.2 | 62326 (11/PNP-005058) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis | |
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que non permita a suba das peaxes das autoestradas AP-9 e AP-53 | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 22.11.2023 | |
3.3 | 62674 (11/PNP-005098) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis | |
Sobre as actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia co fin de frear a proliferación da avespa asiática | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023 | |
3.4 | 62835 (11/PNP-005117) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis | |
Sobre as medidas que debe tomar a Xunta en defensa da pesca artesanal e aquelas que debe demandar ao Goberno central co fin de que negocie ante a Comisión Europea unha adaptación do novo Regulamento de control da pesca á realidade do sector en Galicia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023 | |
3.5 | 62864 (11/PNP-005121) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta co obxecto de reprobar o actual director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia e iniciar os trámites parlamentarios para o seu cesamento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023 | |
3.6 | 62881 (11/PNP-005124) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Pazos Couñago, José Alberto | |
Sobre a proposta de resolución que se presenta en defensa dos valores da Constitución española con motivo do cumprimento do seu cuadraxésimo quinto aniversario | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 27224 (11/INT-001396) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana e 17 máis | |
Sobre a reforma da Lei de inclusión social de Galicia | |
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 255, do 12.01.2022 | |
4.2 | 55051 (11/INT-002658) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis | |
Sobre a evolución da política cultural en Galicia nas últimas décadas | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 523, do 12.07.2023 | |
4.3 | 62291 (11/INT-002889) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo | |
Sobre a cobertura pública do primeiro ciclo da educación infantil | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 599, do 22.11.2023 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia |
5.1 | 63389 (11/POPX-000127) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Álvarez Martínez, Luis Manuel | |
Sobre as respostas eficaces que deu o Goberno galego nos últimos catro anos para o avance da comunidade | |
5.2 | 63390 (11/POPX-000128) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana | |
Sobre o balance que fai para Galicia dos catorce anos de goberno do Partido Popular | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno
|
6.1 62662 (11/POP-009744)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 3 máis
Sobre a eventual constitución dun sistema de axudas para as persoas afectadas polas inundacións dos días 13 e 14 de novembro en Neda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023
6.2 | 63241 (11/PUP-000384) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Sanz Arias, Cristina e 8 máis | |
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da última xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira |
6.3 61730 (11/POP-009619)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre o inicio das obras do proxecto denominado "Mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar"
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 591, do 08.11.2023
6.4 62198 (11/POP-009680)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre os compromisos en materia de infraestruturas acadados polo BNG e o PSOE no pacto de investidura do candidato á presidencia do Goberno de España
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 600, do 23.11.2023
6.5 63273 (11/PUP-000385)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel
Sobre as previsións da Xunta de Galicia ante a situación xerada pola decisión da empresa Alcoa de adiar o proxecto do forno de cocción de ánodos
6.6 63387 (11/PUP-000386)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre o carácter da sociedade Recursos de Galicia
6.7 58099 (11/POP-009203)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a situación do sistema educativo na nosa comunidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 553, do 31.08.2023
6.8 62856 (11/POP-009781)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e Carreira Pazos, Iria
Sobre a forma en que vai proceder o Goberno galego para mellorar a dotación económica, humana e material da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 607, do 05.12.2023
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñemento e efectos.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023