Santiago, 13 de decembro de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou este xoves o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires, inaugurado en 1998 para impartir ensinanzas oficiais desde a óptica da biculturalidade galego-arxentina.
Santalices Vieira agradeceu o esforzo educativo que desenvolve o centro, “un dos piares esenciais para salvagardar a pegada histórica e cultural dos centos de miles de galegos que ao longo da historia emigraron á Arxentina".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.