saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 13 de decembro de 2023

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na reunión do 13 de decembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de natureza normativa

Proxecto de lei

 

Designación da Ponencia

 

- 61134 (11/PL-000026)

Presidencia da Xunta de Galicia

Proxecto de lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia

BOPG n.º 581, do 18.10.2023

 

G.P. Popular de Galicia (P)

Don José Luis Ferro Iglesias (titular)

Dona Teresa Egerique Mosquera (suplente)

 

G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Dona Mercedes Queixas Zas (titular)

Don Daniel Castro Garcia (suplente)

 

G.P. dos Socialistas de Galicia (S)

Dona Noa Susana Díaz Varela (titular)

Dona Noelia Otero Lago (suplente)

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 61054 (11/PNC-005108)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Davila, María Cristina e 2 máis

Sobre a demanda que a Xunta debe dirixir ao Goberno central para que modifique as condicións de acceso ás bolsas e axudas ao estudo establecidas no Real decreto 117/2023, do 21 de febreiro, para o curso 2023/2024

BOPG n.º 581, do 18.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado, e en concreto do Ministerio de Educación e FP, que modifique as condicións de acceso ás bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e FP nas vindeiras convocatorias, co fin de que os umbrais establecidos como topes máximos en ingresos por actividades económicas, se modifiquen, no sentido de atender aos beneficios netos reais, derivados de tales actividades económicas".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 62201 (11/PNC-005228)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

López Sánchez, Rosalía e 7 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de reclamarlle o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo referida ás condicións de acceso do colectivo con TDAH ás bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

BOPG n.º 599, do 22.11.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reclamarlle o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo pola que terá que outorgar a aqueles nenos e nenas con TDAH que lles corresponda as bolsas para o alumnado con    necesidades específicas de apoio educativo aínda que non teñan  acreditado o 33% de discapacidade".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina