saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª., Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 12 de decembro de 2023

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 12 de decembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 62464 (11/PNC-005257)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Rodríguez Conde, Ángel e 6 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia da ampliación do número de bases de unidades operativas (BUO) e da reforma e rehabilitación das xa establecidas para mellorar a súa operatividade na prevención de incendios forestais

BOPG n.º 604, do 29.11.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Ampliar en función das dispoñibilidades orzamentarias o número de construcións de Bases de Unidades Operativas (BUO), co obxectivo de tecer sobre o territorio unha rede de bases que mellore a prestación dos servizos públicos así como as condicións de habitabilidade e saúde ocupacional dos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

 

2. Continuar coa política de reforma e rehabilitación doutras bases asociadas á operatividade do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia".​​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina