A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 12 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 60142 (11/PNC-005014)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que a Dirección Xeral da Costa e o Mar clarifique e unifique criterios á hora de emitir informes sobre as instalacións de infraestruturas hidráulicas no dominio público marítimo-terrestre
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar clarifique e unifique criterios á hora de informar sobre a instalación de infraestruturas hidráulicas no dominio público marítimo terrestre co fin de axilizar a tramitación e autorización de actuacións esenciais para garantir o saneamento das nosas rías".