saltar ao contido

Santalices anima á colectividade galega de Buenos Aires e manter vivos os seus vínculos con Galicia

  • Comezou a súa visita á capital arxentina cun encontro con directivos e socios do Centro  Partido de Carballiño

 

  • Previamente, mantivo un breve encontro co rei Felipe VI, que se atopa en Buenos Aires para asistir á toma de posesión do presidente da República Arxentina, Javier Milei

 

 

Santiago, 10 de decembro de 2023.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou á colectividade galega de Buenos Aires a manter vivos os seus vínculos con Galicia, tarefa que se focaliza, en boa medida, arredor dos diferentes centros e entidades galegas espallados polo país.

 

Santalices Vieira comezou este domingo unha viaxe a Buenos Aires e Montevideo que ten como principal obxectivo inaugurar cadansúa exposición sobre a historia do Parlamento de Galicia, ao tempo que aproveitará o desprazamento para visitar diferentes entidades da colonia galega na Arxentina e Uruguai.


Este domingo, Santalices mantivo un encontro con directivos e socios da Asociación Partido de Carballiño, de Buenos Aires, que vén funcionando desde o ano 1918. Posteriormente (xa pola noite en Galicia) desprazarase ata o Centro Galego de Avellaneda, fundado en 1899, onde se interesou pola situación da colonia galega e polas diferentes actividades que desenvolven.

 

O presidente do Parlamento estivo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Buenos Ares, Alejandro López Dobarro.

 

Na Asociación Centro Partido do Carballiño, a delegación galega foi recibida pola presidenta da entidade, Maria Silvana Reynoso, a primeira muller presidenta do centro nos seus 105 anos de historia.

 

Encontro con Felipe VI

 

Previamente, esta mañá, o presidente do Parlamento de Galicia mantivo un breve encontro co rei Felipe VI, que se atopa en Buenos  Aires para asistir á toma de posesión do presidente da República Arxentina, Javier Milei.

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina