A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 7 de decembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 60750 (11/PNC-005077)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e Pérez López, Daniel
Sobre a demanda ao Goberno galego da oficialización do Camiño Eufrasiano dentro do conxunto dos camiños de Santiago
BOPG n.º 578, do 11.10.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º. Analizar cos responsables dos Concellos de Sarria, Samos, O Incio, A Pobra de Brollón e do Courel, así como co tecido asociativo e social implicado, a existencia de documentación que xustifique a historicidade como ruta de peregrinación a Santiago de Compostela do camiño de San Eufrasio, dentro do marco da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, unindo os camiños Francés, a Ruta da Prata e o Camiño de Inverno no Val do Mao. Así como a súa influenza na formalización da estrutura do territorio polo que transcorrerían estas variantes.
2º. Paralelamente procuraranse outras alternativas, mesmo informais, que contribúan a dar coñecemento e divulgación da historia de San Eufrasio, vinculada cos concellos citados."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 61175 (11/PNC-005121)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 6 máis
Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central no que atinxe ao proceso de reindustrialización da comarca das Pontes logo do peche da central térmica
BOPG n.º 585, do 25.10.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para, no marco do proceso de reindustrialización forzosa, tras o peche da central térmica de As Pontes, se trasladen certezas a todos os sectores implicados nos seguintes ámbitos:
a) A nivel laboral, tanto para o persoal da fábrica e da industria auxiliar, os transportistas e todo o emprego vinculado á central.
b) Nos prazos, para que exista unha transición xusta que se culmine coa implantación definitiva das enerxías renovables.
c) Sobre a dispoñibilidade de potencia e sobre a evacuación, xa que a día de hoxe a capacidade de evacuación actual do nó de As Pontes é de CERO MW.
d) No ámbito industrial, axilizando a execución dos Pertes, en particular do Perte de descarbonización, que condicionan a viabilidade dos proxectos industriais nos que vén traballando Galicia para esta zona e a súa comarca."
- 61571 (11/PNC-005161)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que se implique na procura dunha solución para a recolocación do persoal de Alu Ibérica
BOPG n.º 588, do 02.11.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galiza insta a Xunta a promover un foro estable de entendemento e traslado de información entre os gobernos, a nova propiedade dos terreos da antiga ALCOA CORUÑA e os representantes do persoal co obxectivo de garantir a recolocación do cadro de persoal de ALU IBÉRICA, condicionando as axudas ou facilidades que os gobernos habiliten a favor do novo proxecto industrial a que se produza efectivamente a recolocación deste colectivo de traballadores e traballadoras."