A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 61452 (11/PNC-005151)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre determinadas actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia en materia de protección e vixilancia das infraestruturas xudiciais galegas
BOPG n.º 585, do 25.10.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Dirixirse ao Goberno de Estado para que complete o número de efectivos estipulados polo correspondente convenio para a protección e vixilancia das infraestruturas xudiciais galegas.
2. Renovar o contrato de servizos adicionais de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais en Galicia, mentres que o Goberno do Estado non proceda a completar os efectivos estipulados".