saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 23 de novembro de 2023

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 23 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 61452 (11/PNC-005151)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 14 máis

Sobre determinadas actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia en materia de protección e vixilancia das infraestruturas xudiciais galegas

BOPG n.º 585, do 25.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1. Dirixirse ao Goberno de Estado para que complete o número de efectivos estipulados polo correspondente convenio para a protección e vixilancia das infraestruturas xudiciais galegas.

 

2. Renovar o contrato de servizos adicionais de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais en Galicia, mentres que o Goberno do Estado non proceda a completar os efectivos estipulados".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina