saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 10 de novembro de 2023

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 10 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 58537 (11/PNC-004888)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Armada Pérez, José Antonio e 6 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que impulse na construción de edificios do Goberno galego, co obxectivo do fomento dunha construción sustentable, a obrigatoriedade do uso de madeira estrutural

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar unha guía que recolla a obrigatoriedade da construción de edificios do Goberno galego incluíndo a madeira para usos estruturais cando menos nun 20% das novas licitacións públicas".

 

 

- 58541 (11/PNC-004891)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Armada Pérez, José Antonio e 6 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do impulso dun plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.


O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta ó Goberno Galego a impulsar un Plan estratéxico de fomento e xestión das masas de coníferas".


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina