saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 9 de novembro de 2023

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 9 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 60947 (11/PNC-005096)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pardo López, Adrián e 14 máis

Sobre a presentación dunha proposta de resolución e a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central referidas respectivamente ao recoñecemento do labor da Policía Nacional e da Garda Civil e á equiparación salarial entre os corpos policiais

BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"1. O Parlamento de Galicia acorda como resolución o recoñecemento da labor da Policía Nacional e da Garda Civil como corpos referentes e exemplares na defensa da seguridade, da liberdade e dos dereitos.

2. O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para a posta en marcha dunha lei de retribucións onde se doten dos mecanismos necesarios para o desenvolvemento da cláusula 8 do Acordo de Equiparación Salarial que finalice as desigualdades salariais entre os corpos policiais de maneira definitiva."​

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina