saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de novembro de 2023

​As proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia son:

4.3    60331 (11/PNP-004863)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis

Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central relativas ás novas exixencias de inclusión no réxime da Seguridade Social do alumnado de FP e universitario durante os períodos de prácticas en empresas

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a que reitere ao Goberno de España ás peticións de que escoite ás partes implicadas e de que faga axustes na medida de cotizacións á Seguridade Social para o alumando de FP e universidades que realice prácticas en empresas considerando a necesidade de:

 

1.- Que se adíe un ano a posta en marcha da medida para facilitar a súa implantación.

 

2.- Que se bonifique o 100% das cotizacións.

 

3.- E que se habilite un sistema informático sinxelo e áxil para a xestión das altas e baixas do alumnado e que non recaia nos centros".

        

        

4.6    61463 (11/PNP-004972)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 13 máis

Sobre as actuacións que o Goberno galego debe demandar ao Goberno central en relación co estado de conservación da A-6

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 585, do 25.10.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España co obxecto de que:

 

1.- Acometa con urxencia un plan extraordinario de conservación integral da A-6, tanto no que respecta á calzada como ás pontes e noiros existentes en todo o trazado, que claramente adoecen dunha falla de mantemento.

 

2.- Estableza un cronograma específico para o remate das obras de reconstrución que se están a acometer nos dous viadutos do Castro co fin de restablecer o antes posible a circulación polos cinco carrís existentes neste punto da Autovía do Noroeste e traslade información concreta sobre o mesmo.

 

3.- Informe puntualmente aos concellos afectados e ao Goberno galego das decisións que se vaian adoptado sobre esta infraestrutura e do avance das obras que se están a facer, sobre as obras de restablecemento do noiro desprendido hai uns días e sobre as que se programen no futuro para resolver os graves problemas de conservación que presenta".

 

 

 

        

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina