saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 7 de novembro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 7 de novembro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de outubro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.

Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2022 (doc. núm. 61197, 11/IVAL-000004)

Publicación do Informe anual, BOPG núm. 581, do 18 de outubro de 2023

  
Punto 2.Comparecencia
  
2.154639 (11/CPP-000133)
 Da conselleira de Economía, Industria e Innovación, por petición propia, para informar das previsións e das liñas xerais de actuación do seu departamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
Punto 3.Mocións
  
3.161585 (11/MOC-000179)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina
 Sobre a mellora da calidade educativa nos centros de ensino públicos (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 61121, publicada no BOPG 581, do 18 de outubro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 24 de outubro de 2023)
  
3.261602 (11/MOC-000180)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
 Sobre a tramitación da valoración e do recoñecemento da dependencia e do recoñecemento do grao de discapacidade (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 56071, publicada no BOPG 534, do 31 de xullo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 24 de outubro de 2023)
  
3.361612 (11/MOC-000181)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre a evolución da débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia. (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 60857, publicada no BOPG 578, do 11 de outubro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 24  de outubro de 2023)
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.154514 (11/PNP-004529)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para atender as peticións da Asociación Dereito a Morrer Dignamente de Galicia no sentido de materializar os dereitos que regula a nova normativa referida á etapa final da vida, así como a converter o 12 de xaneiro no Día da Morte Digna
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 21.06.2023
  
4.258577 (11/PNP-004726)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para darlle impulso á política de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) na nosa comunidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023
  
4.360331 (11/PNP-004863)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
 Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central relativas ás novas exixencias de inclusión no réxime da Seguridade Social do alumnado de FP e universitario durante os períodos de prácticas en empresas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 570, do 27.09.2023
  
4.461375 (11/PNP-004961)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre a demanda ao Goberno galego dunha estratexia específica de erradicación do chabolismo e da infravivenda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023
  
4.561431 (11/PNP-004968)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre determinadas actuacións que o Goberno galego debe levar a cabo relativas aos canons e gravames de Augas de Galicia pola xestión de depuradoras e de redes de colectores
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 585, do 25.10.2023
  
4.661463 (11/PNP-004972)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 13 máis
 Sobre as actuacións que o Goberno galego debe demandar ao Goberno central en relación co estado de conservación da A-6
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 585, do 25.10.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.152097 (11/INT-002501)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a contratación do servizo de transporte público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023
  
5.259152 (11/INT-002751)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a atención á saúde mental no Sistema público de saúde
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 561, do 13.09.2023
  
5.360841 (11/INT-002823)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre o funcionamento dos servizos de transporte escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.161660 (11/POPX-000121)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre o importe que foi executado polo Goberno galego desde a iniciación do plan de recuperación posto en marcha polo Goberno de España
  
6.261661 (11/POPX-000122)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre a avaliación que fai do cumprimento dos compromisos da Xunta de Galicia en materia de infraestruturas
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.160340 (11/POP-009444)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Murillo Solís, María Guadalupe e 7 máis
 Sobre a valoración do impacto que terá nas familias galegas o impulso do bono deportivo anunciado polo Goberno galego
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

7.261311 (11/POP-009554)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre a renovación do convenio da Unidade da Policía Nacional Adscrita
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023

 

7.3

 

57156 (11/POP-008945)

 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a modernización e a urxente renovación da frota da rede ferroviaria de ancho métrico que opera en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 548, do 22.08.2023
  
7.461652 (11/PUP-000369)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 

Sobre a valoración da Xunta verbo dos recentes informes do Consello de Contas relativos á eficiencia da colaboración público-privada nas autovías galegas e á ordenación e inspección do transporte

 

7.561647 (11/PUP-000368)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 

Sobre a situación que se produce no CEIP María Barbeito, da Coruña, en relación coa oferta de prazas de comedor escolar

 

7.661195 (11/POP-009537)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre o criterio que ten a Xunta de Galicia acerca da reapertura do consultorio médico de Goián, en Tomiño
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 585, do 25.10.2023
  
7.760749 (11/POP-009492)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia ante o anuncio da venda do pazo de Montesacro, en Cambados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
  
7.860957 (11/POP-009515)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a oportunidade de que a Xunta adquira o pazo de Montesacro, en Cambados, para que siga prestando, baixo xestión pública, funcións de asistencia social
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 581, do 18.10.2023
  
7.961662 (11/PUP-000371)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
 Sobre a información facilitada polo Goberno central ás comunidades autónomas respecto do proceso de acollida das persoas chegadas ás Canarias na presente crise migratoria

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina