saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª., Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, celebrada o 27 de outubro de 2023

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:​

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 60078 (11/PNC-005007)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para axudar o sector gandeiro a afrontar a enfermidade hemorráxica epizoótica

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:

1.- Indemnizar aquelas explotación gandeiras afectadas por mortes, con carácter retroactivo, onde se constate que foron causadas pola Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE).

2.- Activar charlas informativas nas Oficinas Agrarias Comarcais (OACs) e nas Agruupacións de Defensa Sanitaria (ADS), para os gandeiros e que se actualice a información na propia web da Consellería do Medio Rural."



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina