saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 26 de outubro de 2023

 

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 59162 (11/PNC-004939)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España co obxecto de que transfira a xestión do ingreso mínimo vital (IMV), creado a través do Real decreto lei 20/2020

BOPG n.º 561, do 13.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a transferencia inmediata á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do Ingreso Mínimo Vital creado a través do Real Decreto-lei 20/2020".

 

Aprobación con modificacións

 

- 61026 (11/PNC-005106)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e 2 máis

Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego co obxecto de mellorar a cobertura sanitaria no Centro de Saúde de Catoira

BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por:

Punto primeiro aprobado pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

Punto segundo rexeitado por: 4 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

 

1. Proceder a substituír de inmediato no Centro de Saúde de Catoria a praza que quedou vacante tras a xubilación dun dos facultativos, e todas as ausencias do persoal que se produzan (ILTs), licenzas ou vacacións), para manter a asistencia sanitaria en horario completo e con persoal estable".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 60324 (11/PNC-005034)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do impulso de unidades multidisciplinarias da dor en todas as áreas sanitarias

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a pór en marcha unidades multidisciplinares da dor en todas as áreas sanitarias co obxectivo de lograr unha abordaxe máis integral que repercuta nunha atención máis completa os pacientes".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina