saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de outubro de 2023

4.2    60594 (11/PNP-004886)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que manifeste o seu rexeitamento ante a situación en que se atopa o proceso de renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que rexeite o incumprimento do artigo 122 da Constitución e a conseguinte situación de bloqueo que está a sufrir o Consejo General del Poder Judicial, e que manifeste aos grupos políticos con representación nas cortes a obriga de cumprimento inmediato da Carta Magna".

        

4.5    60713 (11/PNP-004899)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis

Sobre a reclamación que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central para que cumpra o seu compromiso de axudar os enfermos de ELA e as súas familias

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España cumprir o seu compromiso de axudar aos enfermos de ELA e as súas familias".

        

4.6    60966 (11/PNP-004926)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central relacionadas coas actuais negociacións de investidura do candidato á Presidencia do Goberno de España

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.   Dirixirse ao Goberno de España para solicitarlle que aclare o contido e alcance das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas para acadar a investidura de Pedro Sánchez e como estes pactos poden afectar ás diferentes Comunidades Autónomas, nomeadamente a Galicia.

 

2.   Esixir do Goberno central que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competenciais para Galicia que para outras Comunidades Autónomas". 




Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina