saltar ao contido

Acordos da Comisión 6.ª,Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 20 de outubro de 2023

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 59743 (11/PNC-004977)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 6 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que continúe apoiando a transformación e modernización do sector do comercio

BOPG n.º 565, do 20.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar modernizando e transformando un sector tan estratéxico para a nosa comunidade como é o do Comercio, utilizando todos os instrumentos que facilita Europa para apoiar a súa consecución."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 60757 (11/PNC-005078)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Davila, María Cristina e 2 máis

Sobre as actuacións que debe impulsar a Xunta de Galicia para manter a actividade e os postos de traballo da empresa Madera Fiber Technologies, sucesora da filial de Faurecia e situada no Porriño

BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

-A través da Consellería de Industria a:

a) Reunirse co Comité de Empresa en todas as ocasións que sexan precisas para coñecer a fondo a situación da empresa e dos traballadores/as.

b) Incidir na procura de empresas que podan estar interesadas no investimento na empresa, conservando a unidade produtiva e así os postos de traballo existentes.

-A través da Consellería de Emprego a mediar neste conflito coas persoas traballadoras da empresa Madera Fiber Technologies (ex Faurecia Interior Sytems), para atopar unha solución a esta situación e que permita así manter os máis de 100 postos de traballo."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina