saltar ao contido

Rafael Úbeda doa ao Parlamento unha obra que enriquece a colección pictórica da Cámara

  • O presidente do Parlamento agradece o xesto altruísta do pintor, “artista de prestixio dentro e fóra das nosas fonteiras"

 

 

Santiago, 18 de outubro de 2023.- O pintor Rafael Úbeda formalizou este mediodía a doazón, gratuíta e definitiva, ao Parlamento de Galicia dunha obra da súa autoría, titulada Viento y Cuerda. A pintura está realizada con técnica mixta sobre táboa e conta cunhas medidas de 200 x 183 cm e data do ano 2006.

 

A doazón formalizouse nun acto celebrado este mediodía no Parlamento de Galicia, onde o presidente da Cámara. Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu o xesto altruísta de Rafael Úbeda, “un artista de prestixio, dentro e fóra das nosas fronteiras, que doa ao patrimonio público, e por tanto ao conxunto das galegas e galegos, unha obra valiosa, tanto en termos artísticos como económicos".

 

A colección de arte do Parlamento de Galicia  na que se integra esta obra de Rafael Úbeda está integrada por máis de 300 pezas de artistas galegos contemporáneos.

 

A doazón de Rafael Úbeda conta co informe preceptivo da Real Academia Galega de Belas Artes.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.​


 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina