saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 24 de outubro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de outubro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de outubro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Texto lexislativo
  
1.1Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Proxecto de lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 53855, 11/PL-000023)
 Publicación Ditame da Comisión e mantemento de emendas e votos particulares, BOPG n.º 573, do 02.10.2023
  
Punto 2.Comparecencia
  
2.161253 (11/CPP-000142)
 Da Sra. conselleira de Política Social e Xuventude, por petición propia, para informar sobre o inicio do curso escolar na etapa de 0 a 3 anos
  
Punto 3.Mocións
  
3.160689 (11/MOC-000176)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre o impacto da evolución actual da inflación na economía galega (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 57741, publicada no BOPG núm. 552 do 30 de agosto de 2023, e debatida na sesión plenaria do 26 de setembro de 2023)
 Publicación do acordo, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
3.260729 (11/MOC-000177)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre a política fiscal que vén desenvolvendo o Goberno galego (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 59054, publicada no BOPG núm. 561 do 13 de setembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 26 de setembro de 2023)
 Publicación do acordo, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
3.360742 (11/MOC-000178)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre a incidencia das actuacións autonómicas nos atrasos das infraestruturas estatais en construción en Galicia (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 58829, publicada no BOPG núm. 561 do 13 de setembro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 26 de setembro de 2023)
 Publicación do acordo, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
Punto 4.Proposicións non de lei
  
4.157511 (11/PNP-004633)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto das ofertas públicas de emprego que afectan o persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 547, do 21.08.2023
  
4.260594 (11/PNP-004886)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que manifeste o seu rexeitamento ante a situación en que se atopa o proceso de renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
4.360654 (11/PNP-004892)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central en relación cos plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) á vista das recomendacións do Tribunal de Contas Europeo neste eido
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
4.460661 (11/PNP-004893)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 8 máis
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central relativas á mellora dos servizos ferroviarios no eixe atlántico e na liña Ourense-A Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
4.560713 (11/PNP-004899)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
 Sobre a reclamación que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central para que cumpra o seu compromiso de axudar os enfermos de ELA e as súas familias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
  
4.660966 (11/PNP-004926)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central relacionadas coas actuais negociacións de investidura do candidato á Presidencia do Goberno de España
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
  
Punto 5.Interpelacións
  
5.156071 (11/INT-002668)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre a tramitación da valoración e do recoñecemento da dependencia e do recoñecemento do grao de discapacidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 534, do 31.07.2023
  
5.260857 (11/INT-002824)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a evolución da débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023
  
5.361121 (11/INT-002832)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Davila, María Cristina e 2 máis
 Sobre a mellora da calidade educativa nos centros de ensino públicos
  
Punto 6.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
6.161246 (11/POPX-000119)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre como pensa garantir a mellora dos servizos públicos no ano 2024
  
6.261247 (11/POPX-000120)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre como valora a eficacia do Goberno galego á hora de defender os intereses de Galicia ante o Estado
  
Punto 7.

Preguntas ao Goberno

 

7.161149 (11/PUP-000364)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis
 

Sobre o recurso de inconstitucionalidade interposto por parte do Goberno central contra a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia

 

7.260929 (11/POP-009511)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre o encontro da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade co secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana mantido o pasado 4 de outubro
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

7.361245 (11/PUP-000366)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra
 

Sobre as valoracións que fai a Xunta de Galicia verbo da súa política en vivenda pública logo do tráxico incendio acontecido en Vigo

 

7.460982 (11/POP-009517)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre o cumprimento do acordo parlamentario verbo da Iniciativa Xabarín, relativa á programación infantil e xuvenil en galego nas televisións públicas
 

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

7.559091 (11/POP-009307)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e 3 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia verbo da ampliación aos menores de 30 anos do dereito ao acceso á Tarxeta Xente Nova
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 561, do 13.09.2023

 

7.656509 (11/POP-008740)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia do anuncio do Goberno de España da creación da especialidade de urxencias e emerxencias
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 543, do 11.08.2023

 

7.760515 (11/POP-009464)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 6 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia do expediente de regulación de emprego presentado por Nueva Pescanova e que afecta o centro traballo de Chapela, en Redondela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 574, do 04.10.2023
  
7.858721 (11/POP-009282)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
 Sobre a metodoloxía de cálculo dos custos de produción do leite en Galicia para a fixación dos prezos de referencia entre produtores e industria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 557, do 07.09.2023
  
7.960725 (11/POP-009489)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre o estado da produción marisqueira nas rías galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 578, do 11.10.2023

 

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.



Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina