saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 17 de outubro de 2023


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de outubro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 53186 (11/PNC-004568)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea unha revisión rigorosa das áreas vedadas á pesca de fondo

BOPG n.º 489, do 03.05.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda ante a Comisión Europea a necesidade de que a revisión das áreas vedadas á pesca de fondo se faga co máximo rigor técnico-científico, tendo en conta tanto o eido medioambiental como o social e o económico".

 

- 60315 (11/PNC-005032)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

González Iglesias, Carmela e 3 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia das actuacións necesarias para lograr que o concello de Vigo acolla a sede da Rede Global de Portos Azuis da FAO

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a:

a) Demandar do Goberno de España a formalización da solicitude diante da FAO para que Vigo acolla a súa Sede da Rede Global de Portos Azuis.

b) Trasladar a total vocación de colaboración por parte da Xunta de Galicia para lograr ese obxectivo.

c) Demandar de todas as administracións públicas implicadas, nomeadamente a Autoridade Portuaria de Vigo, e a Goberno de España, a máxima cooperación institucional nesta cuestión".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina