saltar ao contido

Convocatoria do Pleno da Cámara previsto para o 18 de outubro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 18 de outubro de 2023, ás  10  horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 11 de outubro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto único.  Debate e votación do límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 61190, 11/LGNF-000004).

 

 

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina