saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 13 de outubro de 2023

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa

 

Elección de presidente

 

-  (11/CEEM-000048)

Dona Cristina Sanz Arias (P)

 

Elección de vicepresidente

 

-  (11/CEEM-000049)

Don Moisés Rodríguez Pérez (P)

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 60011 (11/PNC-005003)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Seco García, Martín e 3 máis

Sobre a proposta de resolución que se presenta co obxecto de adoptar un acordo de apoio ás traballadoras e aos traballadores da empresa Teleperformance, da Coruña, afectados por un expediente de regulación de emprego

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia amosa o seu apio ás traballadoras e traballadores de Teleperfomance no centro da Coruña, despois de ser autorizado o ERE polo Ministerio de Traballo, e insta á Xunta de Galicia a tomar as medidas de acompañamento ás persoas despedidas no ámbito das súa competencias, e a fomentar a actividade e o emprego nun sector en crise como é o da atención telefónica."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 60291 (11/PNC-005030)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

González Iglesias, Carmela e 2 máis

Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa sinistralidade laboral no sector naval da ría de Vigo

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a:

 

1º) Actuar antes as denuncias presentadas contra o incumprimento da lexislación en materia de prevención laboral no sector naval na Ría de Vigo.

 

2º) Convocar no inmediato a Mesa do Naval para abordar o futuro do sector na Ría de Vigo, a crecente precariedade laboral e, nomeadamente, a grave sinistralidade laboral que se rexistra."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina