saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes celebrada o 13 de outubro de 2023


​​​

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 58539 (11/PNC-004890)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que continúe impulsando a industria forestal-madeira da nosa comunidade

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar impulsando a través dos medios que considere oportunos a potencialidade da industria forestal-madeira da nosa comunidade".

 

- 60123 (11/PNC-005011)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Armada Pérez, José Antonio e 6 máis

Sobre a demanda á Consellería do Medio Rural da publicación e implantación do Manual práctico para a integración ambiental e paisaxística da reestruturación parcelaria

BOPG n.º 570, do 27.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Consellería do Medio Rural a publicar e implantar o Manual práctico para a integración ambiental e paisaxística da reestructuración parcelaria en Galicia para facilitar os traballos dos axentes implicados nestes procesos, garantir a máxima integración paisaxística e ambiental e alcanzar unha mellora da produtividade e rendibilidade da base territorial".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina