saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura celebrada o 6 de outubro de 2023

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 58622 (11/PNC-004906)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para avanzar na dixitalización do ensino galego

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que, en coherencia co previsto na Estratexia Educación Dixital 2030 avance na dixitalización do ensino galego a través do uso das técnicas de big data e intelixencia artificial, co obxectivo de implementar novas iniciativas e/ou programas:

- Que axuden no deseño de estratexias e na toma de decisións sobre políticas educativas en Galicia.

- Que faciliten e axilicen a xestión de datos e información que xera o sistema educativo.

- Que posibiliten acadar un expediente dixital para cada alumno e alumna.

- E que aborden a necesaria modernización das canles de comunicación e información entre a Administración educativa e os diferentes axentes educativos".​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina