saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior celebrada o 5 de outubro de 2023

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 58187 (11/PNC-004864)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 6 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia para que reclame do Goberno central un concurso de méritos na Policía Nacional que permita incrementar a dotación actual da Unidade de Policía Adscrita

BOPG n.º 552, do 30.08.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España: Que por parte do Ministerio do Interior a través da Dirección General da Policía se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina