Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 59201 (11/PNC-004948)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que homoxeneíce en todas as áreas sanitarias o protocolo de atención aos nacementos por cesárea para permitir o acompañamento e a humanización dos partos
BOPG n.º 565, do 20.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a elaborar unha guía que homoxeneice en todas as áreas sanitarias o protocolo de atención aos nacementos por cesárea para permitir o acompañamento no parto da persoa que a nai decida e para posibilitar o contacto pel con pel continuado co recen nado.
Esta medida será posta en práctica en todos os hospitais do Sergas no actual período de sesións".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 44349 (11/PNC-003899)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a realización, por parte da Xunta de Galicia, dun estudo para incorporar progresiva e sistematicamente a figura de óptico e optometrista no Servizo Galego de Saúde
BOPG n.º 416, do 02.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Realizar un estudo sobre a posible medida de incorporar progresivamente e sistematicamente a figura de óptico e optometrista no Servizo Galego de Saúde, así como ter en conta avaliacións sobre o tema realizadas polos colectivos implicados, que permitan planificar un calendario temporal desta estratexia.
2. Abrir unha mesa de diálogo co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas para avaliar posibles modificacións na proposta de convenio para volver a integrar a unha maioría dos establecementos".