saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, celebrada o día 22.09.2023

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 22 de setembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 42464 (11/PNC-003727)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Seco García, Martín e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para poñer en marcha unha mesa de traballo que active a posta en valor do sector agrario do Val de Lemos e o seu regadío

BOPG n.º 397, do 19.10.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

Poñer en marcha conxuntamente coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, unha mesa de traballo que inclúa aos distintos actores implicados para activar o sector agrario do Val de Lemos e o seu regadío, no que cada unha das administracións actúen dentro das súas competencias:

 

1.         No caso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, coas solucións xurídicas para a posta en marcha da comunidade de regantes, a solución para a débeda existente e a redacción do proxecto e posterior execución da modernización de dito regadío.

 

2.         No caso da Xunta de Galicia, elaborar un plan de reactivación da actividade agraria no Val do Lemos, cunha reestructuración da propiedade no ámbito afectado polo regadío, cos instrumentos de mobilización necesarios, dentro da lei de recuperación da terra agraria de Galicia"

 

- 56935 (11/PNC-004788)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis

Sobre a demanda de actuacións ao Goberno galego orientadas a solucionar a situación da comunidade de regantes do Val de Lemos, en Lugo

BOPG n.º 543, do 11.08.2023

 

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

Poñer en marcha conxuntamente coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, unha mesa de traballo que inclúa aos distintos actores implicados para activar o sector agrario do Val de Lemos e o seu regadío, no que cada unha das administracións actúen dentro das súas competencias:

 

1.         No caso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, coas solucións xurídicas para a posta en marcha da comunidade de regantes, a solución para a débeda existente e a redacción do proxecto e posterior execución da modernización de dito regadío.

 

2.         No caso da Xunta de Galicia, elaborar un plan de reactivación da actividade agraria no Val do Lemos, cunha reestructuración da propiedade no ámbito afectado polo regadío, cos instrumentos de mobilización necesarios, dentro da lei de recuperación da terra agraria de Galicia"

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 58534 (11/PNC-004886)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Armada Pérez, José Antonio e 6 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do incremento, nos vindeiros orzamentos do ano 2024, da partida económica destinada ao Plan de pastos de Galicia

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a incrementar a partida económica destinada ao Plan de Pastos de Galicia nos vindeiros Orzamentos do ano 2024 co fin de continuar coa súa posta en marcha"

 

- 58536 (11/PNC-004887)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Armada Pérez, José Antonio e 6 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia do incremento, nos vindeiros orzamentos da Comunidade Autónoma, das achegas destinadas ao funcionamento e traballo das agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG)

BOPG n.º 557, do 07.09.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a incrementar, nos vindeiros presupostos da nosa comunidade autónoma, as achegas destinadas ao funcionamento e traballo das Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADGS)"​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina