A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 20 de setembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 57219 (11/PNC-004799)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 12 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España e ao Adif respecto da construción da parte ferroviaria da estación intermodal de Ourense
BOPG n.º 547, do 21.08.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e a Adif, para que estableza datas concretas e certeiras respecto á construción da parte ferroviaria da estación intermodal de Ourense, que lle corresponde realizar, e que cumpra co convenio asinado co Concello e coa Xunta de Galicia no que a administración central se comprometía a remodelar a estación de tren, a favorecer a integración do ferrocarril na cidade e garantir a permeabilidade dos diferentes medios de transporte de viaxeiros."