A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 14 de xullo de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de natureza normativa
Proxecto de lei
Designación da Ponencia
- 53884 (11/PL-000024)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia
BOPG n.º 498, do 30.05.2023
G.P. Popular de Galicia;
Dª. Paula Prado del Río (titular)
Dª. Noelia Pérez Löpez (suplente)
G.P. do Bloque Nacionalista Galego:
Dª. Noa Presas Bergantiños (titular)
Dª. Iria Carreira Pazos (suplente)
G.P. dos Socialistas de Galicia
Dª. Noa Susana Díaz Varela (titular)
Dª. Paloma Castro Rey (suplente)
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 48275 (11/PNC-004133)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para garantir o dereito á educación de 0 a 3 anos en todas as comunidades autónomas
BOPG n.º 446, do 01.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno de España, a destinar os recursos necesarios para que a educación de 0 a 3 anos sexa un dereito garantido en todas as Comunidades Autónomas".